Arturo Álvarez é un consolidado creador recoñecido tanto dentro como fóra do noso país, polas súas aportacións conceptuais ao mundo da iluminación de deseño. Nace na provincia de Pontevedra, España, no ano 1964. Desenvolve dende o comezo un estilo propio e recoñecible, cunha forte personalidade. Manexa con soltura formas, volumes e fontes de luz dunha forma sinxela e elegante, mesturándoos con mestría e aportando unha nova visión da iluminación creativa. chegando a concibir nos espazos montaxes lumínicas e escenográficas sorprendentes. Na actualidade segue explorando distintas vías de traballo e expresión.

A comezos dos anos novente interésase polo vidro plano e aprende as técnicas de vitreaux e tiffany para a elaboración de lámpadas. Comeza a crear luminarias, a partir de técnicas antigas, pero cunha linguaxe do seu tempo, contemporáneo, ao principios con referencias ao Art déco e Art noveau. Co paso dos anos camiña e vai identificándose cos conceptos da Bauhaus unindo e revisando formas, volumes, perspectivas e planos a un traballo artesanal e coidado.

Na traxectoria de Arturo Álvarez hai tres etapas definidas. Nos primeiros anos explora e traballa con conceptos figurativos, baseados na natureza. Nunha segunda época avanza cara o abstracto na procura de formas xeométricas simples, sen abandoar ao mesmo tempo as referencias á natureza, aparece o corpo da muller, unha tématica recurrente na obra do artísta e na que sigue indagando ao longo dos anos. Na actualidade Arturo Álvarez está desenvolvendo novas formas de expresión, coa luz como fío conductor e co ser humano e as súas relacións como temática principal. Coas súas luces e sombras, encontros e desencontros, temas que continuamente preocupan ao autor e nos que profundiza a partir de diferentes técnicas.

Nos derradeiros dez anos ven realizando un produndo labor de experimentación e investigación desenvolvendo os seus propios materiais permitíndolle maior liberdade creativa e expresiva descontextualizándoos dos seus usos habituais, mestúraos e os transforma creando algo novo e único. Crea e patenda SIMETECH® un material traslúcido que permite o moldeado e conseguir texturas diversas.

EXPOSICIÓNS

– Mint luminates. Mint shop gallery. Brompton Design District. London design festival. 2017
– Soidades das falas. Luisa Pita Gallery. Santiago de Compostela. 2017
– Artwork series. ICFF Gallery. ICFF. New York. 2017
– 12 looks of Arturo Álvarez. Galería Vilaseco. A Coruña. Spain. 2016
– Arts & Crafts, Design and Sustainbility in Galicia for the 21st Century. Centro Torrente Ballester. Ferrol. Spain. 2016
– Contradicións. Adhoc gallery. Vigo. Spain. 2015
– Et facta est lux. Mac Gas natural fenosa. A Coruña. Spain. 2014
– Permanent installation at cafetería Ferradura. Santiago de Compostela. Spain. 2013
– Ephemeral installation at “Hostal dos Reis Catolicos”. Santiago de Compostela. Spain. 2013
– Eros. Bus Station Space. Santiago de Compostela. Spain. 2013
– Factoría Compostela. Spain. 2011
– Concepts and designs for a new century. Museum of Decorative Arts in Barcelona. 2007

PREMIOS E MENCIÓNS

– BEST OF YEAR AWARD by Interior Design Magazine, Innovative Translucent Shading/Lighting Solution. SIMETECH®. New
York. 2014
– HD Product Design Competition. Las Vegas, Lighting. 2013
– Spanish Avant-garde Craft, Innovation and Design. 2013
– Spanish Avant-garde Craft, Innovation and Design in contemporary craft industries. 2011
– National Craft Awards Finalist. 2011
– Singular.es. 2010
– The Chicago Athenaeum. Museum of Architecture and Design. Good Design, Fluo. 2009
– The Chicago Athenaeum. Museum of Architecture and Design. Good Design, Gea. 2008
– Spanish National Craft Awards Finalist. 2008
– New Light Design, Daab. 2009

Arturo Álvarez
Remesar, A Estrada, Pontevedra. Spain
1964

Feder Galicia 2014-2020

Esta empresa participa no Plan Foexga 2016-2017 Operación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Como apoio ao proceso de internacionalización, “Calor Color S.L.” ten axuda concedida pola Xunta de Galicia a través de IGAPE para participar no Plan de Fomento das exportacións galegas (Foexga) 2016-2017, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER de Galicia 2014-2020, OT3 Conseguir un tecido empresarial mais competitivo. Unha maneira de facer Europa.
O obxectivo principal do Plan Foexga é incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización das pemes galegas. O resultado que se pretende é aumentar a base de empresas exportadoras e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.

 

Programa Re-Acciona: servizos de análise do potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico

Esta empresa participa no Programa Re-Acciona, cuxo resultado é favorecer o crecemento e consolidación das PEME, mellorando a súa financiación, tecnoloxía e acceso a servizos de apoio avanzados.

Como apoio ao proceso de internacionalización, esta empresa, Calor Color S.L., ten axuda concedida pola Xunta de Galicia a través de IGAPE (Programa Galicia Exporta e Plan Foexga 2016-2017) cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER de Galicia 2014-2020, OT3 Conseguir un tecido empresarial máis competitivo. Unha maneira de facer Europa.

Empresa beneficiaria dunha axuda coofinanciada por: