CONVERSAS

Conversas

Conversas é unha colección de rostros, sen cubrir, ao aire, con todas as súas belezas e miserias á vista, que adquiren toda a súa carga dramática a partir da luz que os proxecta na parede de forma tridimensional. No momento en que as luces se moven o grupo establece entre si un diálogo mudo, unha conversa inquedante, que nos obriga a pensar no ser humano, nas interrelacións persoais e nas problemáticas da comunicación co outro.

Da malla metálica moldeada, do tacto frío, xurde unha expresión, un xesto, unha mirada… O espírito ao descuberto, descarnado, nuns casos nos observa, e noutros torce o xesto agochando o seu ser máis íntimo, ou permanecendo coa ollada perdida.

En todas as pezas hai unha certa uniformidade na maneira en que nos incomoda e nos turba; os pescozos e facianas estilizados alónganse ata o infinito. E entre estos sentimentos enfrentados xurde a luz, para evidenciar con máis detalle e deixar ainda máis, se cabe, ese ser interior ao descuberto.

A sombra proxectada na parede permite ver cada xesto, cada engurra, a expresión das comisuras dos beizos ou da ollada. Os volumes proxectados son tridimensionais, acenando ao máximo os detalles máis ínfimos dos rostros, pómulos, pálpebras e xestos que falan cada un da súa historia. A instalación colle unha forza brutal no intre en que as bombillas comezan a oscilar provocando o movemento das sombras, creando unha comunicación con acción de todos con todos.

É a necesidade do ser humano de estar co outro e de ser escoitado. Como di o autor: “ó final, o único que nos queda son as relacións interpersoais”

Series: 100 pezas por cada tamaño
Usos: parede ou mesa
Técnica: malla negra de aceiro inoxidable
Fonte de luz: LED

Dimensións aproximadas:
Parede grande: 90 x 20cm
Parede pequena: 75 x 20cm
Mesa: 40 x 25cm

Árturo Álvarez, 2013

Feder Galicia 2014-2020

Esta empresa participa no Plan Foexga 2016-2017 Operación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Como apoio ao proceso de internacionalización, “Calor Color S.L.” ten axuda concedida pola Xunta de Galicia a través de IGAPE para participar no Plan de Fomento das exportacións galegas (Foexga) 2016-2017, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER de Galicia 2014-2020, OT3 Conseguir un tecido empresarial mais competitivo. Unha maneira de facer Europa.
O obxectivo principal do Plan Foexga é incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización das pemes galegas. O resultado que se pretende é aumentar a base de empresas exportadoras e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.

 

Programa Re-Acciona: servizos de análise do potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico

Esta empresa participa no Programa Re-Acciona, cuxo resultado é favorecer o crecemento e consolidación das PEME, mellorando a súa financiación, tecnoloxía e acceso a servizos de apoio avanzados.

Como apoio ao proceso de internacionalización, esta empresa, Calor Color S.L., ten axuda concedida pola Xunta de Galicia a través de IGAPE (Programa Galicia Exporta e Plan Foexga 2016-2017) cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER de Galicia 2014-2020, OT3 Conseguir un tecido empresarial máis competitivo. Unha maneira de facer Europa.

Empresa beneficiaria dunha axuda coofinanciada por: