ENCONTROS

Encontros

Encontros é un conxunto de figuras antropomórficas esbeltas e impoñentes. Mírannos, míranse —dende alturas formidables ou máis cercanas—, probablemente dende un lugar lonxano, que o observador tenta comprender. A luz interior que proxectan é a expresión sutil da forza do ser humano, da súa enerxía vital e potencialidade. Son familias de individuos que tentan un diálogo entre sí, dende a perspectiva e a singularidade de cada un, cos seus matices. As moitas redes que envolven as pezas, construidas pola sociedade actual, non sempre facilitan a comunicación.

As esculturas están construidas a partir dunhas formas base de máxima sinxeleza. Con todo, unha mirada máis atenta revela que cada peza é única e diferente; complexa na súa simplicidade.

Algunha ten a ollada perdida ou intúeselle concentrada. Unha calma inquedante domina a instalación. As formas curvas e alongadas dos pescozos, calugas e costas aumentan a súa sutil expresividade achegándoas ao observador.

Estos corpos etéreos, semellan estar en movemento, vistos en grupo, xerando unha comunicación entre eles, que por momentos parece transcender o humano.

Series: 100 pezas por cada tamaño
Usos: chan
Técnica: cordón xaponés
Fonte de luz: LED

Dimensións aproximadas:
Grande: 310 x 30cm
Mediana: 285 x 25cm
Pequena: 230 x 20cm

Árturo Álvarez, 2014

Feder Galicia 2014-2020

Esta empresa participa no Plan Foexga 2016-2017 Operación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Como apoio ao proceso de internacionalización, “Calor Color S.L.” ten axuda concedida pola Xunta de Galicia a través de IGAPE para participar no Plan de Fomento das exportacións galegas (Foexga) 2016-2017, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER de Galicia 2014-2020, OT3 Conseguir un tecido empresarial mais competitivo. Unha maneira de facer Europa.
O obxectivo principal do Plan Foexga é incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización das pemes galegas. O resultado que se pretende é aumentar a base de empresas exportadoras e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.

 

Programa Re-Acciona: servizos de análise do potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico

Esta empresa participa no Programa Re-Acciona, cuxo resultado é favorecer o crecemento e consolidación das PEME, mellorando a súa financiación, tecnoloxía e acceso a servizos de apoio avanzados.

Como apoio ao proceso de internacionalización, esta empresa, Calor Color S.L., ten axuda concedida pola Xunta de Galicia a través de IGAPE (Programa Galicia Exporta e Plan Foexga 2016-2017) cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER de Galicia 2014-2020, OT3 Conseguir un tecido empresarial máis competitivo. Unha maneira de facer Europa.

Empresa beneficiaria dunha axuda coofinanciada por:

Empresa beneficiaria dunha axuda coofinanciada por: